[Entrevista de Sermos Galiza a Joám Peres, uma das nove pessoas incriminadas na sequência da Operação «Jaro». Via Diário Liberdade]
- A Audiencia Nacional acaba de declarar definitiva a ilegalización de Causa Galiza.
- Si, o termo técnico é «suspensión de actividades. É unha ilegalización de feito: prohibe a actividade orgánica e a intervención pública. Trátase dunha vulneración de dereitos políticos en toda regra que pon de manifesto o nível de degradación deste rexime que, desde a óptica independentista, nunca foi unha democracia. Á marxe da nosa significación cuantitativa, o certo é que aquí e agora o mapa político galego modélase a golpe de patada na porta e Audiencia Nacional. O independentismo galego, como proxecto político e estratexia non supeditados a outros que non sexan independentistas, ten totalmente precarizada a súa existencia legal.