Como cada ano desde a súa fundación, o Movemento Galego ao Socialismo celebrou este 12 de agosto, 42º cabodano do asasinato de Moncho Reboiras pola policía española, unha homenaxe a Moncho Reboiras, militante exemplar da causa da liberación nacional e social de Galiza. Fíxoo, máis unha vez, misturando o necesario exercicio da reivindicación cunha dose de celebración da memoria e confraternización entre os máis dun cento de asistentes, moitos deles veciños e veciñas de Moncho Reboiras e da súa familia e tamén xente procedente doutras comarcas do país que quixeron participar nunha xornada que medra ano a ano.
[...]
Este ano, como os anteriores, a homenaxe a Moncho Reboiras en Imo foi precedida dunha intensa campaña de axitación con centro na figura de Reboiras e que, como o ano pasado, baixo o lema «Moncho Reboiras Vive!», cubriu a maior parte do país e, en particular, as comarcas do Barbanza e Compostela. / Ler crónica na íntegra aqui