Do mesmo xeito que en anos anteriores, este 12 de agosto no cemiterio de San Xoán de Laiño, (Imo, Concello de Dodro) o MGS irá celebrar o acto político de homenaxe á figura e o exemplo militante de Moncho Reboiras, asasinado pola policía española hai 42 anos. Como cada ano tamén, convidan a asistir «este acto de homenaxe a quen levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar». / Ver programa:
Diário Liberdade