
A finais de setembro pasado en Compostela tivo lugar una manifestación de solidariedade con Catalunya e o seu proceso de autodeterminación. Na Praza de Galiza, e como é habitual en mobilizacións sociais, un grupo de solidarios e solidarias de Ceivar vestidos con buzo branco despregaron una faixa de apoio aos presos e presas independentistas.
Axentes da Policía española procederon á identificación desas persoas, indicando que estas se resistiron nun primeiro momento a ser identificadas, e cursaron denuncia por unha «infracción grave» do artigo 36.6 Lei de protección de seguridade cidadá, que contempla multas de até 30.000 euros. Neste caso, a proposta de sanción é de 601 euros para cada unha das tres persoas. O artigo fai referencia á desobediencia ou negativa a se identificar a requeremento a autoridade. (sermosgaliza.gal)