![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiTbqUyH01yjuAq2Yy55pj_bYJMKSvtfkt7d0sDbnzb39h5iTrgkf7KU6bsNOlR5OK2BVGEJczQKWJCPxY6kY2xbpSoQmicdLlSxiKZjY6tJkgwaXP7WUTI5y9nLsdEI6ttjI6EDQ/s200/Arantzazu-02galeusca.jpg)
As jornadas Galeusca, que se realizam anualmente há 25 anos e vão rodando de forma alternada entre a Galiza, os Países Catalães e Euskal Herria, conheceram a sua 26.ª edição neste último fim-de-semana, organizadas pela Euskal Idazleen Elkartea, em Arantzazu (Gipuzkoa), onde se juntaram escritores catalães, galegos e bascos (das associações AELC, AELG e EIE). O lema que presidiu ao encontro deste ano foi «Pequenas literaturas, grandes desafios». Para além das diversas questões de conteúdo que se podem consultar nas páginas que abaixo indicamos e das conclusões que apresentamos a partir de uma página galega, é de destacar a solidariedade manifestada por esta federação de associações de escritores nas línguas catalã, galega e basca com as pessoas acusadas no processo que envolve o diário de expressão basca Egunkaria (encerrado em 2003).
As conclusións de Galeusca 2009
Os escritores galegos, cataláns e vascos, reunidos en Arantzazu do 9 ao 12 de outubro de 2009, baixo o lema “Hizkuntza txikiak, erronka handiak, Petites literatures, grans desafiaments, Literaturas minorizadas, grandes desafíos”, tras os debates correspondentes, adoptaron as seguintes conclusións:
1. Realizar as adecuacións necesarias ao desenvolvemento da Federación Galeusca, reforzando a estrutura organizativa necesaria mediante o apoio ás presidencias coa creación de tres vocalías, unha en cada asociación, encargadas de:
a) Profundar e implementar os contidos propios da Federación Galeusca, así como preparar a asemblea anual, na que se realizará o balance das actividades realizadas, recollido no correspondente informe de xestión.
b) Asegurar o debate e o posicionamento público a respecto das iniciativas que positiva ou negativamente inflúan no desenvolvemento das respectivas culturas nacionais.
c) Desenvolver durante todo o ano actividades conxuntas de interese profesional de acordo co plan de actividades de cada unha das asociacións.
2. Avanzar nos temas de propiedade intelectual e dereitos profesionais nos seguintes aspectos:
a) Valorar como moi positivos os novos contratos tipo pactados entre as asociación de escritores e o gremio de editores cataláns, recomendando a súa difusión e utilización futura.
b) Incidir conxuntamente nos traballos da subcomisión parlamentar que estuda a revisión da Lei de Propiedade Intelectual.
c) Propor tamén a actuación, como Federación e a través de European Writers' Council, nos debates sobre lexislación e directivas europeas de propiedade intelectual, en especial as relacionadas co ámbito dixital, libro electrónico, novos formatos, etc.
Así mesmo, a Federación Galeusca, na súa defensa da liberdade de expresión, ante a próxima celebración do xuízo oral contra a dirección de Euskaldunon Egunkaria, quere facer chegar a súa solidariedade aos imputados e facer pública a súa esixencia de arquivo da causa.

![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhfuU5VojOGnJt6l7aiku0MRTFaQSHI4zK0hNY00tRBjcGojaR5fkCr_DMIIxTCYvjDxTKiTuIFvtDasvTUgOH4AETzHvMWh1ypAYKJDuzKaungok3J_GM5DNXB6dfi_LH1rM3sTQ/s200/Arantzazu-03Galeusca.jpg)
Apoiamos as mobilizacións que se van celebrar en Galiza, Euskadi e Países Cataláns na defensa dos dereitos lingüísticos. Neste sentido, mostramos o noso total desacordo coas accións regresivas respecto á normalización lingüística adoptadas polo actual goberno galego.
Finalmente, a Federación Galeusca, no exercicio rotatorio da presidencia, comunica que Guillem Jordi Graells (Presidente de AELC) é relevado por Cesáreo Sánchez Iglesias (Presidente de AELG), quen organizará o próximo encontro anual desta Federación.
Fonte: anosaterra.org
Ver também: EuskalIdazleenElkartea / AsociacióndeEscritoresenLinguaGalega / Associaciód'EscriptorsenLlenguaCatalana
---
A foto de cima é do Gara e a de baixo é do Diario Vasco (nela se vêem o galego Cesáreo Sánchez Iglesias, o catalão Jordi Graells e, ao fundo, o basco Fito Rodríguez). Zorionak!