Tres persoas expóñense a una multa de 601 euros cada una, 1.803 euros en total, por despregar en Compostela una faixa solidaria cos presos independentistas galegos. Así o vén de denunciar Ceivar, que anuncia que nos vindeiros días informará das acción de denuncia destes feitos.A finais de setembro pasado en Compostela tivo lugar una manifestación de solidariedade con Catalunya e o seu proceso de autodeterminación. Na Praza de Galiza, e como é habitual en mobilizacións sociais, un grupo de solidarios e solidarias de Ceivar vestidos con buzo branco despregaron una faixa de apoio aos presos e presas independentistas.
Axentes da Policía española procederon á identificación desas persoas, indicando que estas se resistiron nun primeiro momento a ser identificadas, e cursaron denuncia por unha «infracción grave» do artigo 36.6 Lei de protección de seguridade cidadá, que contempla multas de até 30.000 euros. Neste caso, a proposta de sanción é de 601 euros para cada unha das tres persoas. O artigo fai referencia á desobediencia ou negativa a se identificar a requeremento a autoridade. (sermosgaliza.gal)




