
Desde o entorno de persoas imputadas nesta causa manifestouse a Sermos Galiza que o xuízo podería caer a mediados do vindeiro ano, 2020. Enmarcan a petición da Fiscalía nunha «ofensiva de criminalización do independentismo», para o que a Audiencia Nacional, din, dá «un salto cualitativo» polo que introduce «novos delitos» que poden implicar para as persoas acusadas penas de entre 4 e 10 anos de cárcere, para alén, afirman, de «disolver Causa Galiza e Ceivar». (
sermosgaliza.gal)