
Seis das doce independentistas procesadas na ‘Operación Jaro’ compareceron esta cuarta feira no local da CIG en Vigo para denunciar a escalada represiva que supón a petición formulada pola Fiscalía da Audiencia Nacional: 102 anos de prisión.
Unha petición de entre 6 e 12 anos de cárcere para cada unha das encausadas, para alén que a acusación de ‘banda criminosa’ implicaría a disolución das organizacións no albo deste operativo: Causa Galiza e Ceivar. (
Sermos Galiza)