
[...] pasa a incorporarse á loita clandestina, subindo a Sierra Maestra, onde participaría como médico e combatente na columna número 8 do exército rebelde mandado por Ernesto Guevara. A vitoria revolucionaria levarao a ocupar diversas responsabilidades no goberno cubano, primeiro como responsábel médico das forzas armadas revolucionarias e posteriormente mandando tropas durante a invasión mercenaria de Praia Girón, participacións que lle valerían importantes condecoracións pola súa valentía. (sermosgaliza.gal)