segunda-feira, 13 de agosto de 2018

«As homenaxes a Moncho Reboiras salientan a vixencia da loita por unha Galiza soberana»

O domingo, pola mañá os actos decorreron no cemiterio de Imo onde descansan os restos de Reboiras. Até alí -por separado- acudiron Movemento Galego ao Socialismo, Agora Galiza e a UPG, o partido do que Moncho Reboiras facía parte.
Xa pola tarde, Maniños (Fene) primeiro e despois Ferrol foron os epicentros dos actos organizados pola Unión do Pobo Galego. Uns actos que tiveron o seu punto central na ofrenda floral no portal onde foi acribillado a tiros por por axentes da Brigada Político-Social e, posteriormente, no Cantón, onde decorreu o acto político no que intervirán Iván Ribas, portavoz do BNG en Ferrol, Susana Méndez, sindicalista e membro do Comité Central da UPG, e Néstor Rego, secretario xeral da UPG.
Destacouse como o compromiso de Moncho Reboiras co seu pobo plasmouse na aposta firme pola autoorganización, no traballo e confianza no seu país para se dotar de ferramentas propias – no político, no sindical, no social...- como a vía precisa para lograr unha Galiza soberana e socialista. / Ver: sermosgaliza.gal