[De X. M. Piñeiro] Enmarcan a ilegalización da organización política e o seu procesamento no «salto cualitativo» que o Estado deu contra o independentismo.
O vindeiro sábado, 29 de outubro, farase un ano da 'Operación Jaro', o operativo ordenado pola Audiencia Nacional no que se detivo 9 independentistas, militantes de Causa Galiza, e deu lugar á suspensión de actividades desta organización política. «Foi unha ilegalización de ideas políticas, dunha organización política que desde 2007 levaba actuando dentro da máis absoluta legalidade», afirma Joam Peres, unha das persoas encausadas e que este sábado compareceu en Compostela perante os medios canda outras 6 procesadas. Cualifican a súa situación de «indefensión xurídica absoluta», cunha investigación fechada pero con total descoñecemento sobre o que lles vai acontecer. «Non sabemos se iremos todos a xuízo, cando...», explican. / Ler: Sermos Galiza via Diário Liberdade